Galicia volveu brillar no Open de España nas categorías cadete e júnior. As e os deportistas cadetes galegos lograron un total de catorce medallas (12 para a selección e 2 por clubs) mentres que os júnior sumaron 14 (10 para a selección galega, 2 para a RFET e 2 para os clubs).

Gran actuación das Seleccións Galegas Cadete e Júnior no Open de España de Taekwondo

 

CADETE

A selección galega logrou un total de doce medallas (dous ouros, 4 pratas e 6 bronces). Anxo Díaz (-53, Garrapucho) proclamouse vencedor do Open de España tras vencer no primeiro combate por un rotundo 14-6; na semifinal, gaña no punto de ouro (despois dun 4-4) e na final supera a Hugo Martínez por 9-6.

Iker García de la Llera (-41, Natural Sport) tivo que facer catro combates para lograr a medalla de ouro. No primeiro, superou ao representante de Cataluña Ernest Raian por 23-3. Na segunda eliminatoria gaña a Andalucía (21-5) e nas semifinais vence a Álvaro Vélez por 19-13. Na gran final o galego venceu ao taekwondista de Madrid, Jesús Frade por 21-16.

Medalla de prata para René Costas (-61, Hebe), que perde na final contra o catalá Arnau Fumado por un apertado 8-6. Na semifinal superou ao catalá Alberto Carlos Ailisoaie no punto de ouro.

Giovani Imparato (-49, Olimpic) acadou a medalla de prata despois dunha grande competición. Venceu no primeiro combate a Baleares (13-5), no segundo eliminou a Cartaxena (7-4) e na semifinal superou ao taekwondista de Murcia por un rotundo 3-0. Na gran final, o noso deportista caeu contra o Sebastián Serra (Club Elite) por 6-4.

Irene Montemuiño (-44, Maniotas) fixo ata cinco combates para acadar a súa medalla de prata. A galega superou en primeira rolda a Alison Forgan (10-9), no segundo combate gaña a Lucía García (Club Betanzos) por 26-5 e no terceiro a Sara Muñoz (Yecla-Jim) por 29-7. Na semifinal ten diante a Jade Santiago (do Sant Pao Jade) e logra o pase á final tras vencer por 3-1. Na final caeu contra Cui Ji Chan (Cataluña) por 13-7.

Lucía de la Iglesia (-37, Maniotas) gañou o primeiro combate contra Katerina Ignatiev (do Club Deportivo Furyo) por 8-10; vence en segunda rolda a Aitana Romeu (do club Zamorano TKD) por 10-7. Na semifinal gaña a Alba Requena (de club Alcasser) por 9-6 e perde na final contra Laura Rodríguez (do Han Kuk) por 7-4.

Isaac Blanco (-37, Maniotas) vence na primeira rolda a Diego Sánchez (Baleares) por 11-8 e no segundo combate supera ao representante de Estados Unidos Mario Ledezna (14-10). Na semifinal caeu contra Unai Flores (de Balmesrubi).

Diana Siota (-47, Couto) acadou a medalla de bronce tras caer por un axustado 7-6 contra Ariadna Arrondo, representante da Escola Taekwondo Castejón. Antes superou a Tracy Panopio (Sant Pao Jade TKD Center) por 19-2 e no segundo combate a Ana Sáenz de Alacante (8-5).

No peso pesado feminino, dúas medallas galegas. Elisabeth Piedras, que viaxa co seu club, o Patiño Moaña, logrou a medalla de prata tras superar na semifinal a representante da Federación Galega Desiree Rivadulla (+59, Suh Sport), que logrou a medalla de bronce. Pola súa banda, Piedras foi prata ao caer na final contra Alena Viana (Estados Unidos).

Aitana Fariña (-41, Maniotas) logrou a medalla de bronce tras vencer no primeiro combate á deportista de Australia Tali Aliel (15- 12), e no segundo a Ana López (Taekwondo Damián) por 10-1. Nas semifinais caeu contra Adriana Cerezo (Han Kuk) por 18-2, que foi a que se proclamou campioa de España.

Fernando Baña (-57,Maniotas) logrou a medalla de bronce tras vencer nos cuartos a Lorenzo Quintana (TKD Torrelavega) por un contundente 11-1, pero na semifinal caeu contra Adrián Alcalá (Deportivo Olimpo) por 24-8.

Ademais, Carla Diéguez (-29, Boudsport) e Elena Cubas, que viaxaba co seu club, O Suh Sport, acadaron as medallas de bronce en -29 quilogramos.

 

JÚNIOR

Galicia tamén brillou na categoría júnior cun total de 14 medallas (cinco ouros, dúas pratas e seis bronces). Espectacular o equipo feminino con tres ouros, tres pratas e catro bronces. Así, Galicia foi segunda na categoría feminina por equipos e terceira, na xeral.

En – 52 Arlet Ortiz (Mat ́s) continúa imparable. Despois do triunfo no Campionato de España sub 21 esta fin de semana repetiu no Open júnior. Ademais, Arlet e Alma Pérez (su Sport) nos ofreceron unha final galega, moi apertada, e con triunfo final para a deportista do Mat ́s Arlet fixo catro combates antes de chegar a final contra Alma: No primeiro superou á catalá Noela Madrid (2-16), despois a alemá Katarina Borrmann e no terceiro combate á madrileña Sara Fraile. A semifinal foi contra Paula Torres (Federación Balear) e gañou con facilidade (2-16).

Pola súa banda, Alma Pérez venceu á australiana Leah Felsbourg en primeira rolda; posteriormente a Estela González (2-22); a Judith Merlos (Federación Catalá) por 13-8. A semifinal foi contra a navarra Ane Cinto e con triunfo rotundo da galega (10-3).

Na categoría feminina houbo outra final galega en -59. As protagonistas foron Aitana Santomé (Patiño Moaña) e Uxía Rodríguez (Moodukwan) que nos ofreceron unha final moi igualada e emocionante, con alternativas no marcador, pero que finalmente se inclinou a favor de Aitana por 7-8.

No seu paso ata a final, Aitana eliminou a Janire Gutiérrez (13-1), á estadounidense Desirae Rolaff (10-8) e á madrileña Rocío Merino por 3-0. Pola súa banda, Uxía comezou o campionato contra María Cano (Madrid) á que venceu por 10-5, para continuar contra María González (Patiño Moaña) á que gañou por 7-4. A semifinal foi contra a navarra Maider Villava con triunfo para á galega por 7-5.

O terceiro ouro galego foi para Tania Castiñeira (Hebe) no peso pesado, onde tamén houbo un bronce galego para Bárbara Calvo, que viaxaba co seu club o Patiño Moaña. Tania vence en cuartos de final a Paula Álvarez de forma moi rotunda (1-15) e na semifinal supera a Silvia Boix (Federación Catalá) por 2-1. A final foi contra a alemá Darija Husovic, con vitoria para a de Moaña por 1-3. Pola súa banda, Bárbara venceu a Neus Domenech (5-3)e caeu contra Husovic na semifinal (15-3).

En -55 prata galega para Alba Vidal (Kido) e bronce para Sara Gacio, que viaxaba co seu club, o Boud Sport. A nosa Alba comezou o Open contra Antía Sánchez do Suh Sport (0-4) e posteriormente loitou contra Leticia Trigo (Patiño Moaña), choque que se decidiu no punto de ouro. Nos cuartos de final eliminou a Laura Navarro (5-1) e na semifinal venceu a Sara Gacio (Boud Sport) por 1-0. A final foi contra Lidia Campillo (do equipo da Federación Española) e a galega perdeu por 0-3.

Bronce para Elena Pérez (-44, Natural Sport) que perdeu na semifinal contra Marian Real, de Tenerife. Antes, a galega eliminou a Sonia Artal (30-10).

Máis bronces. Alba Muñiz (-42) subiu ao terceiro chanzo do podio, tras vencer en cuartos a Blanca Calvo (Olimpo) por 9-8. Na semifinal perdeu contra a catalá Gloria Ruiz.

Na categoría masculina houbo dous ouros e dous bronces galegos. O galego Javier González (-68, Mace Sport), que acadou o título no Open de España, ía convocado pola Federación Española, polo que non sumou puntos para a clasificación de equipos. Tivo unha magnífica actuación- Na primeira rolda venceu ao balear Carlos Mesdouri (4-16) e na segunda foi onde máis problemas tivo, contra o galego Unai Silva, ao que venceu por 8-5. Na semifinal superou a Aleixis Ruiz (3-16) e a final foi contra Manuel Gómez (Madrid), na que tamén venceu con rotundidade (6-18). 

Adrián Pombo (Natural Sport) logrou a medalla de ouro en -78 quilogramos, pero ía convocado pola RFET. O galego venceu no primeiro combate a Alonso Hernández con rotundidade (3-13) e na semifinal deixou atrás ai catalán Sergi Gallardo (2-14). Na final enfrontouse a Víctor Vilariño (Madrid) ao que tamén gañou de forma clara (4-17).

Álvaro Regueiro (-73) foi bronce tras vencer en dous combates de forma clara e caer nas semifinais contra Álvaro Leo (Federación Andaluza) por 7-16. Leo acadou o título de campión de España.

O segundo bronce masculino galego foi para Pablo Patiño (-59, Patiño Moaña), que venceu no primeiro combate a Gerard Domínguez (26-3) e a José Bellido (12-9) no segundo. Nos cuartos eliminou a Abdou Taouil, de Andorra, por 7-10 e caeu en semifinais contra Óscar Hernández de forma clara (20-2).