Fernando Alarza (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou a segunda posición na terceira proba das Series Mundiais de Tríatlon, que se disputou en Yokohama, nun día de durísimas condicións climatolóxicas. O ouro foi para Mario Mola, mentres que Gómez Noya foi noveno.

Fernando Alarza, prata en Yokohama e Susana Rodríguez, segunda na proba de Paratríatlon

 

As Series Mundiais de Tríatlon 2017 están formadas por nove probas que se disputan en Abu Dhabi, Gold Coast (Australia), Yokohama (Xapón), Leeds (Gran Bretaña), Hamburgo (Alemaña), Edmonton (Canadá), Montreal (Canadá), Estocolmo (Suecia), e Rotterdam (Países Baixos).

Dende o inicio, a choiva e o frío condicionaron a proba. A natación foi moi dura, cun auga moi fría e moitos golpes entre os participantes, pero Fernando logrou non perder demasiado tempo, o que lle permitiu meterse no grupo de cabeza da bicicleta. Cun tremendo chaparrón o obxectivo era non caer ao chan, e por iso os deportistas non arriscaron en exceso. Aínda así, un dos favoritos para loitar polo triunfo, o británico Jonathan Brownlee, caeu na bicicleta e perdeu todas as súas opcións de loitar polo triunfo. Mentres, o resto dos favoritos seguía metidos no grupo principal.

Na T-2, cos dedos entumecidos, Fernando perdeu uns segundos que foron decisivos, e o deixou un pouco descolgado dos primeiros, pero facendo unha carreira a pe espectacular (logrou o mellor parcial) foi quen de ir remontando posicións ata case amenazar o ouro de Mario Mola (01:48:15). A prata foi para Alarza cun tempo de 01:48:23 e o bronce para o noruego Kristian Blummelfelt (01:48:26).

Con este resultado, Alarza colocase na segunda posición da clasificación provisional do Mundial con 2.058 puntos, por detrás de Mario Mola (2.064) e por diante de Gómez Noya (1.862), que hoxe foi noveno.

 

Susana Rodríguez, segunda na Serie Mundial de Paratríatlon de Yokohama,

Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) acadou a segunda posición na Serie Mundial de Paratríatlon de Yokohama, na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual). Magnífico resultado para a viguesa que xa suma dous segundos postos nestas probas mundiais.

Susana, xunto a súa guía Mabel Gallardo, saíu da auga por detrás de Alison Patrick, que logrou unha importante vantaxe na natación (uns 40 segundos). A galega aí xunto a Melissa Reid, pero logrou despegarse dela na bicicleta, sector no que logrou unha pequena vantaxe para chegar a T-2 na segunda posición. No terceiro segmento, a galega aínda aumentou a distancia para chegar a meta con máis dun minuto de vantaxe sobre a británica, que foi bronce nos Xogos Olímpicos de Río. Desta forma, o ouro foi para Patrick, que fixo a carreira en solitario cun tempo de 1:07:19, con Susana Rodríguez na segunda posición (1:10:59) e bronce para Melissa Reid (1:12:01).