Derrota dolorosa do Auriense FG na Estrada

 

O equipo ourensán, regresa de A Estrada cunha derrota dolorosa: Braithreachas 2- 12 (18) / 2-06 (12) Auriense F.G.
 
Tras dominar o marcador practicamente durante todo o encontro (no descanso 03-09 para o Auriense),  os último minutos foron a condena para os xogadores ourensás, que pagaron o baixón físico e caeron ante un rival directo na pugna polos primeiros postos da clasificación.
 
A vindeira semana, desprázanse ata as Pontes de García Rodriguez, onde xogan contra un equipo novo na competición: Terras do Eume FG.
 
O feminino descansou, para disputar esta fin de semana un importante partido fóra da casa contra o Pontevedra.