Cara e cruz para o Auriense FG na fin de semana

0

 

O equipo masculino colócase lider en solitario, tras gañar ao Dorna na Illa de arousa, por un axustado: 5-7 (22) / 6-5 (23).

Os ourensáns, saíron a pola victoria dende o principio, facendo un parcial de 1-8 nos 5 minutos iniciais. Tras igualar o encontro, a defensa impedindo o xogo a paus e o maior acerto cara portería, fixeron que, ainda que cun final de infarto, conseguiran levarse a victoria. Con este resultado, durmen primeiros esta xornada, en posto de ascenso directo, e á espera do vital encontro da vindeira semana contra o gran favorito ao ascenso, os Mecos de O Grove.
 
Por parte feminina, as Fillas de Breogán, de A coruña, foron demasiado rival para as ourensanas, e leváronse o choque do domingo pola tarde por 13-31. O xogo dinámico das coruñesas e o seu acerto a paus, deron un triunfo incontestable ante unhas ourensanas que notaron as baixas nas súas 1º e 2º liña.
 
Auriense FG