Campaña de abonados da Unión Deportiva Ourense para a segunda volta

 

Comezo da campaña de abonados da Unión Deportiva Ourense para a segunda volta: 

 

  • –         Normal: 25 €
  • –         Xove (16 a 25 anos): 20 €
  • –         Desempregado: 15 €
  • –         Menor de 16 anos: 2 €
  • –         Discapacitados (máis do 65%): 0 €

 

Por estes prezos pódense disfrutar de todos os partidos da segunda volta máis os da Copa Deputación (da que temos asegurado un partido).

En total serán nove partidos de liga no Couto, moitos deles frente aos equipos que ocupan as primeiras posicións da clasificación como Bande, Ribeiro, Velle ou Maside (xa este vindeiro domingo). Na Copa está asegurado o partido de cuartos de final contra o Bande e coa posibilidade de xogar as semifinais se nos clasificamos.

Estamos ante unha segunda volta para soñar, na que podemos lograr o gran obxectivo do ascenso a Preferente Autonómica, polo que animamos a todos os seguidores ourensanistas a non perder a ocasión de abonarse e axudarnos a conquerir este importante obxectivo.

Tamén sinalar que no partido do domingo (16,15 h.) ante o Maside recolleranse productos alimenticios non perecedeiros dentro da campaña “Operación Quilo” en colaboración coa Asociación Amencer.

Por último indicar que nos prolegómenos do partido entregaranse os trofeos doados por Galicia Deportiva aos xogadores do mes de novembro (Aitor e Laura) e á xogadora do mes de outubro (Palo) que quedara pendente de entregar.

 

Carlos Domarco

Hago lo que me gusta ..... y eso no hay dinero que lo pague.

More Posts - Website

Follow Me:
Twitter