A Federación Galega de Fútbol organiza este histórico partido coa colaboración do Concello de Santiago e o Santiago Futsal.

As seleccións absolutas femininas de Galicia e Cataluña xogarán o 7 de marzo
 
 

O polideportivo Santa Isabel de Santiago de Compostela é o escenario elixido para a celebración dun evento histórico para o noso deporte, un partido de fútbol sala entre as seleccións absolutas femininas de Galicia e Cataluña. Un evento que pon en marcha a Federación Galega de Fútbol xunto ao Concello de Santiago e ao club de fútbol sala da capital de Galicia, o Santiago Futsal.

 

Este será o primeiro partido da selección galega absoluta feminina de fútbol sala desde o ano 98. A Federación Española organizaba antes campionatos nacionais de seleccións absolutas pero desde hai uns anos optouse por categorías como a Sub23 primeiro e a Sub21 na actualidade.

 A Federación Galega quixo recuperar as seleccións galegas de fútbol sala, igual que fixo o ano pasado coas de fútbol, cun gran éxito e un enorme respaldo social.

 

Entradas, prezos e puntos de venda

As entradas para o partido amigable que as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de Galicia e Cataluña van disputar o vindeiro 7 de marzo (Polideportivo de Santa Isabel, 20:30 horas) xa están á venda. 

Os lugares e horarios nos que poden adquirirse son:

– Oficinas da Federación Galega de Fútbol (Estadio de San Lázaro, Porta 7): 09:30-13:30 e 16:00-20:00.

– Oficinas do Santiago Futsal (Multiusos Fontes do Sar): 10:00-14:00. 

O prezo das entradas é de 5 euros para os adultos e 2 euros no caso dos menores de 18 anos. 

A Federación Galega de Fútbol, o Santiago Futsal e o Concello de Santiago de Compostela uniron os seus esforzos para facer posible o regreso da Selección Galega Absoluta Feminina de Fútbol Sala, que non disputaba un encontro desde 1998.

Ademais da promoción do fútbol sala feminino en Galicia, o partido intégrase dentro dos actos que o concello compostelán ten programados para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, polo que ofrece unha magnífica oportunidade para reivindicar a igualdade de xénero no mundo do deporte.

 

#Elastaménxogan

Ademais de ter unha clara finalidade de promover o fútbol sala feminino en Galicia, especialidade na que, por certo, somos unha referencia en España, este encontro ten tamén un fin social de gran calado, pois está integrado dentro dos actos que o Concello de Santiago ten programados  para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Sen dúbida será unha magnífica oportunidade para reivindicar a igualdade de xénero no deporte.

 

Convocatoria da Selección Galega Feminina de Futsal
Castillo e Queru anuncian as doce elixidas para enfrontarse o día 7 de marzo a Cataluña en Santiago 

 

RELACIÓN DE XOGADORAS

DORSAL

NOME E APELIDOS

NOME DEPORTIVO

CLUB

1(p)

SILVIA AGUETE OUTON

SILVIA AGUETE

POIO PESCAMAR

2

ANA RIVERA

ANA RIVERA

ALCORCON FSF

3

BEATRIZ SEIJAS COUCE

BEATRIZ SEIJAS

OURENSE ENVIALIA

4

ROSARIO RAMOS GONZALEZ

CHARO

POIO PESCAMAR

5

SONIA PACIOS FERREIRO

SONIA PACIOS

CIDADE AS BURGAS

6

IRIA SAETA ALVAREZ

IRIA SAETA

CIDADE AS BURGAS

7

MARTA RODRIGUEZ FIGUEIRIDO

MARTA

OURENSE ENVIALIA

8

ANDREA CARID CAO

ANDREA

OURENSE ENVIALIA

9

CECILIA PUGA TEJERO

CECILIA

POIO PESCAMAR

10

VANESA SOTELO QUINTELA

VANESA SOTELO

ALCORCON FSF

11

ERIKA GONZALEZ ASENSIO

ERIKA

VALDETIRES FSF

13(p)

ANA LOPEZ LASTRA

ANA

CIDADE AS BURGAS

 

CORPO TÉCNICO

CARGO

NOME E APELIDOS

NOME DEPORTIVO

SELECCIONADORA

Mª CARMEN CARRO MOGABURO

QUERU

SELECCIONADOR

MANUEL DEL CASTILLO COELLO

CASTILLO

FISIOTERAPEUTA

LUCIA NIETO PEREZ

LUCIA NIETO

P.FISICA

ANA FRAGUEIRO RODRIGUEZ

ANITA

DELEGADA

ENÁTALI FERNÁNDEZ GUERRA

ENÁTALI FERNÁNDEZ

DOCTORA

Mª DOLORES MARTIN RODRIGUEZ

DOLORES MARTIN

MATERIAL – LOGISTICA

MANUEL PAN VARELA

PINO