A UD Ourense remonta ó Loñoá para facerse co liderato (3-1)

2

 

U.D. Ourense (3): Samuel, Julio Alvarez (Unai 33´), Tito, Xurxo, Lucas Nieto, Omar (Ruber Araujo 89´), Xaco, Diego Soto (Julio Martinez 28´), Roberto Dacosta (Almeida 56´),  Cristian ( Adrian 64´) y Senen
 
Loñoa C.F. (1): Changui, Edgar, Lama, Ivan (Chema 78´), Jon (Elvis 53´), Javi (Nico 65´), Pablo, Pichi, Toni (Miguel 60´), Alex (Cristian 75´) y Atiza
 
Árbitro: Vanesa Abadin con Yolanda Llorente y Janira Folgoso. Amonesto a los visitantes Edgar (66´), Toni (53´), Miguel (62´), Cristian (76´) , Nico en dos ocasiones (82´ y 85´), al entrenador Julio Pablo en dos ocasiones (45´ y 74´) y roja directa al segundo entrenador (85´)
 
Goles: 0-1 Tito en Propia porteria (22´), 1-1 Almeida (71´), 2-1 Adrian (74´), 3-1 Xaco  (88´),
Campo: O Couto , Alrededor de 700 espectadores. Tarde soleada. Temperatura agradable

 

Galería de imágenes 

 

Visitaba O Couto o Loñoa, equipo que derrotara na Carabina á Unión por 2-0, choque que se presentaba difícil e así foi. A primeira ocasión clara tería Javi, que logo dunha gran galopada, se interna no área cun man a man con Samuel que tivo que chegar Julio Alvarez para quitarlle xusto antes do disparo o esférico nunha clara ocasión do Loñoa. Minuto 8, Xaco se interna no área que é derribado e a colexiada decretaba tiro desde os 11 metros. Cristian foi o encargado de lanzalo, pero Changui detén o lanzamento adiviñándolle o lado ao 10 da Unión.

012Xaco puido abrir o marcador, pero o seu disparo no 16 vaise alto logo dun bo pase de Roberto.A xogada desgraciada para os locais chegaría no minuto 22, centro lateral dereito, onde revotaría en Perico e o balón entraría na portería de Samuel. Sería o porteiro da UD Ourense que tería que empregarse a fondo para deter o disparo de Javi no minuto 31. De novo Samuel volvería deter o tiro de Alex un minuto despois. Muinutos antes do descanso tería unha dobre ocasión a UD Ourense, Omar primeiro a pase de Unai, que habia entrado minutos antes por Xullo Alvarez e outra ocasión de Cristian que ambas ocasións detería Changui. 

Comezaría o segundo tempo con dominio local, recordar o cambio de Diego Soto por lesión no minuto 28 por Xullo Martinez. A primeira ocasión clara sería de Unai no minuto 51, que parou Changui. Xaco no 57 volvería probar a Changui, que volvía deter o disparo. Entraría Almeida por Roberto Dacosta e Adrian minutos mais tarde por Cristian. Sería este último cambio onde tería unha clara ocasión despois de que Xaco cedésella de tacón pero o balón non entraría. Cabalgada de Senen pola esquerda, que pon o balón a Almeida, logo de varos recortes o seu disparo deteno Changui outra vez. Minuto 71, chegaría o empate, balón que ten Roberto Almeida, que logo de regatear a tres xogadores esta vez Changui non pode deter o disparo e chegaba o empate.

Tres minutos mais tarde, contra que dirixe Senen, que dá o pase da morte a Adrian que de vaselina preciosa conseguía a remontada en 3 minutos tolos. Adrian tería o terceiro a pase de Unai pero o terceiro chegaría no minuto 88 onde lle queda o balón morto a Xaco para que fusile por baixo a Changui. Puido recortar diferenzas Elvis no desconto pero o seu disparo iríase alto. Non se movería o marcador e a UD Ourense co empate do Santa Teresita colócase líder da categoría por primeira vez esta tempada. 

Próxima semana viaxa a UD Ourense a Eiroás para enfrontarse ao segundo clasificado, o Santa Teresita.