Os anfitrións superaron claramente en intensidade aos galegos que teñen moito marxe de mellora.

A Selección Sub16 perdeu nun mal partido contra Cantabria (1-3)

 

FICHA TÉCNICA

Galicia Sub-16: Pablo Brea, Darío Ferradás (Raúl Blanco, min. 65), Rubén Vázquez, Manu Barbeito, Andrés López (Gabriel Civile, min. 41), Julián Nieto (Pablo Fraga, min. 50), Aldán Naval, Alberto Carracelas, Borja Pita (David Mosquera, min. 41), Iker Losada e Paulo Vázquez.

Cantabria Sub-16: Pelayo De Andrés, Iñaki Rosas (Álvaro Gisler, min. 72), Mario Jorrín, Fernando Castillo, Álvaro Gutiérrez, Matías Castillo (Diego Gutiérrez, min. 54), Marco Camus (Mateo Gandarillas, min. 60), Mikel Ruiz, Diego Campo, Javier Entrecanales e Rodrigo González (Juan López, min. 71).

Goles: 0-1 Diego Campo (min. 32); 0-2 Diego Campo (min. 36); 1-2 David Mosquera (min. 51); 1-3 Álvaro Gutiérrez, de penalti (min. 76).

Árbitro: Losada Feijoo, auxiliado por Bolado Palencia e Ramos Cinos. Cartón amarelo a Rubén Vázquez por Galicia e a Iñaki Rosas por Cantabria.

Campo: Municipal de Bezana. 400 espectadores.

 

Non comezou con bo pé para a expedición galega a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, pois debutaron con derrota os cadetes ante unha selección cántabra con máis intensidade, especialmente na primeira parte. Saíron os cántabros a por todas, presionando en campo contrario e imposibilitando o fútbol galego. Así chegaron un par de ocasións que non acabaron en gol, mentras que o combinado galego apenas chegaba ó área rival.

Pasada a media hora un desaxuste defensivo orixinou o primeiro gol cántabro. Recibiu Matías un pase interior e o seu centro raso foi rematado a gol por Diego Campo. E só catro minutos despois repetiu este mesmo xogador cun gol olímpico. Chegou a tocar a pelota Pablo Brea pero o balón entrou na portería e o partido poñíase moi costa arriba para os de Pacho Oliveira.

Mellorou Galicia na segunda metade e meteuse de cheo no partido co gol de David Mosquera logo dunha boa acción por banda de Iker Losada.

Foi o momento de Galicia, con 15 minutos de dominio e achegamentos que non foron aproveitados e os cántabros acabaron por sacudirse ese dominio ata o punto de sentenciar xa no tramo final cun gol de penalti.