O pasado sábado 29 de abril tivo lugar a 17ª edicción da MTB  máis numerosa de Europa no Deserto dos Monegros na que os ourensáns acadaron unha exitosa participación.

4 ourensáns participaron na 17ª Marathon Orbea Monegros 2017

A MARATHON ORBEA MONEGROS 2017 de 118 quilómetros contou coa participación de 8000 ciclistas, que saíron das rúas de Sariñena, e inundaron o Deserto dos Monegros así como cada unha das localidades que atravesa esta veterana proba.

Catro bikers ourensáns desprazáronse ata a provincia de Huesca para participar nesta edicción. Completaron o total do percorrido na seguinte orde: José Javier Gómez (Triourense) cun tempo de 4h46’30’’ no posto 654, Miguel Carballo (Triourense) cun tempo de 4h52’13’’ no posto 788, Rubén Airas (Burgas Atletismo) cun tempo de 4h55’52’’ no posto 875 e Paco Diz (Clube Correcamiños) cun tempo de 5h17’27’’ no posto 1465.

A saída aos 118 quilómetros desta ORBEA MONEGROS deuse as 12:00 horas e o gañador foi IBON ZUGASTI do Orbea Factory Team cun tempo de 3h48’02’’. Estivo acompañado no pódium por Fernando Murillo e Patxi Cia.

Destacar tamén a presenza de varios ciclistas ex profesionais entre os que se atopaba o galego Oscar Pereiro.