12 medallas para o Taekwondo galego junior

0

 

A Selección galega de Taekwondo volta do Campionato de España Junior de Combate celebrado en Alacante cun total de 12 preseas (4 ouros, 3 pratas e 5 bronces) 

  • Na clasificación por equipos, Galicia foi terceira na categoría feminina, masculina e na xeral.

  • Pablo Fernández, nunha preselección, acadou a praza para a disputa do Europeo sub 21.

 

As e os deportistas da Federación Galega de Taekwondo acadaron un total de doce medallas (4 ouros, 3 pratas e 5 bronces) no Campionato de España júnior de Combate, que se celebrou en Alacante. Na clasificación de equipos, Galicia foi bronce en todas as clasificacións: Masculina, feminina e na xeral. O torneo, que se celebrou no Pavillón Pitiu Ronchel, contou coa presenza de 274 participantes nados nos anos 1998, 1999 e 2000.

 

Na categoría feminina, gran traballo da selección galega con 3 ouros, 1 prata e 2 bronces. En -68, dobre presenza galega no podio, grazas a Ainhoa Ramos (Luar) e Lorena Pardo (Garrapucho). Lorena acadou a medalla de bronce tras perder na semifinal contra a representante de Cataluña, Paula Homar. Na final, a catalá tiña coma rival a tamén galega Ainhoa Ramos, quen logrou a vitoria (3-2) e proclamouse campioa de España.

Pola súa banda, Sara Cortegoso (-46 quilogramos, Mace Sport) superou na final á representante de Valencia, Tamara Mikely, por un contundente 16-6 e acadou así o título. Ademais, Myriam García (Patiño) logrou proclamarse campioa de España tras superar na final a Natalia Moreno (Cataluña) por un claro 6-1.

Jessica Blanco (-55, Mace Sport) logrou a medalla de prata, tras perder na final contra Lidia Fernández (Madrid) por un claro 14-2. Por último, sinalar o bronce de Sara Toucedo (-44, Maniotas) que caeu na semifinal contra a representante de Valencia, Blanca Palmeras.

 

O equipo masculino tamén estivo a un altísimo nivel con 1 ouro, 2 pratas e 3 bronces. De destacar a final que tivemos en -74 quilogramos, con dous galegos loitando polo ouro. Rubén Troitiño (Mat ́s) e Adrián Pombo (Natural Sport Riveira) chegaron a gran final que se decidiu pola mínima (5-4) nun espectacular combate a favor de Adrián Pombo. Así, Pombo proclamouse campión de España, mentres que Troitiño acadou unha magnífica prata.

Ademais, Miguel Orro (Natural Sport) conseguiu meterse na final de -48 quilogramos, na que fixo un traballo impresionante contra o representante de Valencia. O combate decidiuse no punto de ouro e nunha controvertida acción, xa que foi alcanzado polo contrario nunha acción na que Miguel estaba caído no tapiz. Prata para Orro.

Ademais houbo tres bronces. Alberto Bautista (-45, Budo) logrou a terceira posición no podio tras caer na semifinal contra Joan Jorquera, que despois se proclamou campión de España. Pola súa banda, Javier González (-63, Mace Sport) foi bronce tras caer contra Madrid (10-2), mentres que Gabriel García (-68, Area) subiu ao podio tras perder na semifinal contra Valencia.

 

Preselección para o Europeo sub 21. Ademais do Campionato de España Júnior, tivo lugar a preselección para o Europeo sub 21 no que Pablo Fernández (-87, Mat ́s) logrou a súa clasificación. O campión de España renunció a ir a este torneo, polo que a Federación Española de Taekwondo convocou unha preselección entre os deportistas que caíron fronte ao campión para decidir o deportista que acudirá ao Europeo. Pablo, que fora bronce no Campionato de España, logrou a praza.